Vistas de página en total

sábado, 9 de abril de 2011

Eu amo Carcavelos

Agora que comeza a vir o solcinho, a falta só de un exame de Nutriçao obesidade e controlo do peso para semana(s) santa(s), a nosa estaçao máis habitual é Carcavelos. Unha praia de surfers e bodyboarders, como Foxos, pero onde tamén hai muito postureo como en Areas. Esta mestura mais un campo de volei-praia e un de fútbol praia dan unha combinación incrible. Podes estar tranquilo, dar un paseo, pillar unhas olas sin tabla, botar uns partidillos, xogar as cartas... Agora pouco a pouco iremos mais a miudo para alí, que nos queda a 15 min en tren, e onte estaba petada! Sobre todo de Erasmus espanhois curiosamente...
E bueno, o viaxe a Londres genial! Visitamos a Laurinha, lieilla un pouco, mordina... En fin, que terei que compensala! Ainda por encima que a vacilei un montón polas súas anécdotas de guía turística "se dice que aquí los cuervos vuelan alrededor de la torre y que cuando no vuelen, habrá problemas para la monarquía... pero bueno, no se yo... creo que es más una leyenda urbana, de estas de andar por casa" ou a de "Qué hay ahí? Un McDonald's... xDD"
E con Roichin (por certo, parabéns), Ale e Sara genial! pasámolo en grande! de mochileros, pero bueno, genial! O mellor de Inglaterra: o té e a cervexa e algún que outro pastel de arándanos xD
Bueno, vouvos deixando que tenho que estudar un pouquinho (só un pouquinho, que non quero estresarme tampouco...). Pasádeo genial e vémonos pronto por Vigo (vou o 23 para alá!). Quérovos!