Vistas de página en total

martes, 31 de mayo de 2011

Madeira, paraíso natural

Bueno, rapaces, despois de tanto tempo ausente de información, comezarei dende o deixei.
O retorno a Vigo e a visita de papi/mami/Ai a Lisboa genial! Fumos ver os fados, e Aida e eu tuvemos que deixalos alí porque xa iban un pouco pasados de rosca... xD A volta a Vigo foi eterna (minha nai quería ver todo, e íbamos parando en todas partes...). Chegamos e festa con Javi, Alberto e Pablo que foran de visita. Despois pa Santiago a visitar a Roichin, Ire, Biti, Cris e á becerrota por excelencia ;) Salientar que me fixeron unha festa sorpresa que non me esperaba para nada, ainda que ben é verdade que me parecía todo mui raro... jajjaa Muitas grazas por ela, polas tortillas e pola vosa compañía, sodes xeniais! Ó dia seguinte fumos ver a Biti co equipo universitario, pero palmaron... A proxima vez metome eu ali a controlar o xogo xD Despois tiramos pa SantaKata, incrible como sempre, e o mais incrible foi que eu fora o que mellor acabara jajaja Durmimos en Moranha, onde hubo un pequeno percance cas sábanas... Déixovolo á vosa imaxinación. Fun entrenar co Moranha, e que ben me sentín! Pisar Mirallos outra vez foi realmente especial.


Logo tocou volta para Lisboa, onde xa me esperaba Javi disposto a liala como sempre. Ultimamos os últimos detalles e tiramos pa Madeira!! Non foi o que nos esperábamos, pero bueno, non houbo queixa: vimos acantilados da ostia, subimos a picos onde deixabamos as nubes debaixo, fumos a praia, bañabamonos na piscina do hotel, botamos uns ping-pongs nos que Pablo pegaba palizas a diestro e siniestro... E o mais importante: fumos a casa de Cristiano Ronaldo!!!! e entramos!! El non estaba, pero a nai, co maja que era, deixounos pasar e vimos a sua coleccion de camisolas, balons e posters... en fin, incrible, eu sain de ali tremendo!!
Aparte das explicacións de Xose, que rallao! jajaja que si la laurisilva, si la precipitación horizontal... pero bueno, que mo pasei genial con el tamen, e as duas noites que salín por Lisboa con el paseimo tremendamente! 
E este fin de semana leveime unha alegría enorme, pois o meu equipo da alma, que este ano non podo xogar, ascendeu a 2ªAutonomica, de onde baixaramos o ano pasado e de onde nunca nos debimos mover! Parabéns Moranha! Para o ano voltarei!
E tamén deixei atado un trato para o ano que ven. Manu, Juli, un ático, unha piscina e unha sauna para acabar a carreira tranquilamente... Mai de deus, a que nos espera. 
Bueno, espero que vos gustara, que tenho que estudar un huebaco e non vou voltar escribir en bastante tempo, así que coidádevos e si non tedes noticias minhas non vos preocupedes, estarei esperando as visitas que me veñen pa semana (que ganaaaaas!) e para a seguinte pode que veñan mais!! Menudos exames me esperan! jajaa Un bicazo a todos! Querovoooos!