Vistas de página en total

jueves, 24 de febrero de 2011

17-21/03/11

Serán días mui especiais. Serán días perfectos. Unha das visitas máis esperadas (aparte da de Chete and company, que se ve que van quedar na casa).
Estes 10 días en Lisboa foron normalinhos: volta ás aulas, nova turma, conocer xente, bós rapaces/raparigas, ceinha na nova casa con xente mui boa, borracheras, Ibuprofeno para sanalas, e onte por fin sol! a ver si empeza a vir o bo tempinho e se pode ir a praia xa, q xa hai ganinhaaas! A verdade é que a convivencia en Jantao's house é incrible, a pesar de Mohamed, o marroquí que vive con nós que nos ven tocar os huevos todos os días "Entao, como é que é? Máis filmes Anton!", pero bueno, rímosnos muito con el... O outro día na cena que tinhamos entre amigos, acoplouse el e ceou e bebeu con nós ali... Por certo, o salón ca mesa e con música mola muito!! jaja
Falando doutra cousa, Javi e eu fixemos unha proposta: pornos en forma en 9 semanas e media (merquei un libro que vai dicindo semana a semana o que hai que facer, e seguímolo ao pé da letra jajaj). A primeira semana ir ó ximnasio 2 veces... non está mal para volver a tomar contacto despois de 3 semanas. Esta semana e a partir de agora, 3xsemana en días non consecutivos, e os outros aeróbico (un partidillo ou sair a correr). Así, nun par de semaninhas estaremos a tope! o malo, o fin de semana... e este e o seguinte prevénse longos... en fin, con calma.
Hoxe churrascada noutra facultade pero cedinho pa casa que manhan as 6:30 hai que estar en pé! E manhan a noite dios dirá!
Bueno, con isto e un biscoito voume despedindo. Espero que vos entretuvera 5minutinhos polo menos ;)
Sabedes que vos quero a todooooos!

domingo, 13 de febrero de 2011

Nova Era

Estación de Oriente (Lisboa) 3:58h dia 14/02/11. Vou con Lara, unha amiga de Vigo. Acabamos de saír do bus, dirixímonos a por un taxi, despois de casi 6h de viaxe. Entramos no taxi. Sona Another one bites the dust, de Queen. Temazo perfecto para o viaxe de volta a casa. Aproxímase unha nova era. Será épica.
Estes dias en Vigo e Santiago foron perfectos: desde volver a facer Body, cas ganas que tinha, ata pasar un par de dias en Compos xeniais, ó lado dunhas personinhas q non fan mais q alegrarlle a vida aos demais ;)
Agora, despois da pena inicial de volver marchar da minha terra querida, aproxímase unha nova era, chea de novas aventuras e sensacions, que sin duda será legen... (wait for it) dary! Javi chega manhan. Hoxe terei que ir ver que asignaturas pillo para este cuatrimestre e ingresarlle a pasta ao caseiro (si, a dia 14) xD Non tenho forza nin para escribir, necesito durmir como auga de maio!
Só dicir que estuven encantado de todo o que fixestes por min (a tortilla cas velas foi realmente especial) e dicirvos que prontinho volverei a darvos a vara! pero antes espero a vosa visita (todo o que lea isto e queira vir, estarei encantado de recibilo/a). Aproxímase unha nova era. Será épica.
Nada mais por hoxe. Un bicazo enorme a todos. Sabedes que vos quero.