Vistas de página en total

domingo, 13 de febrero de 2011

Nova Era

Estación de Oriente (Lisboa) 3:58h dia 14/02/11. Vou con Lara, unha amiga de Vigo. Acabamos de saír do bus, dirixímonos a por un taxi, despois de casi 6h de viaxe. Entramos no taxi. Sona Another one bites the dust, de Queen. Temazo perfecto para o viaxe de volta a casa. Aproxímase unha nova era. Será épica.
Estes dias en Vigo e Santiago foron perfectos: desde volver a facer Body, cas ganas que tinha, ata pasar un par de dias en Compos xeniais, ó lado dunhas personinhas q non fan mais q alegrarlle a vida aos demais ;)
Agora, despois da pena inicial de volver marchar da minha terra querida, aproxímase unha nova era, chea de novas aventuras e sensacions, que sin duda será legen... (wait for it) dary! Javi chega manhan. Hoxe terei que ir ver que asignaturas pillo para este cuatrimestre e ingresarlle a pasta ao caseiro (si, a dia 14) xD Non tenho forza nin para escribir, necesito durmir como auga de maio!
Só dicir que estuven encantado de todo o que fixestes por min (a tortilla cas velas foi realmente especial) e dicirvos que prontinho volverei a darvos a vara! pero antes espero a vosa visita (todo o que lea isto e queira vir, estarei encantado de recibilo/a). Aproxímase unha nova era. Será épica.
Nada mais por hoxe. Un bicazo enorme a todos. Sabedes que vos quero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario