Vistas de página en total

viernes, 25 de marzo de 2011

Next station: Wolverhampton

Acordar ás 18:30h (portuguesas) despois de 2h de sesta, saír a onde te leve o mundo, chegar a Belem, sentarte nun banco, sentir unha brisa suave na cara con cheiro a azahar, comer unha mandarina, ler un libro, ver como a xente pasa dun lado a outro, seguir a ruta e ir ver a uns rapacinhos como lle dan unhas patadas a un balón... Sinxelamente non ten prezo. Pensar que ao comezo queríame voltar para Vigo porque sentía que este non era o meu sitio... Que enganado estaba. O que estou disfrutando ultimamente en Lisboa non o podo definir con palabras. Mais agora que son realmente feliz, só penso que en apenas tres meses acábase... e non quero! Parte de culpa desa felicidade tamén a ten certa personinha que día a día sácame un sorriso. Quen o podería imaxinar a comezo de curso? Este fin de semana pasado foi incrible. Dos mellores días en Lisboa desde que cheguei, sen dúbida. Bonita.
A proxima parada será para a semana en Vigo, para renovar o DNI, que certa noite debino esquecer no bus ou non sei onde... xD mais será unha parada breve tras a cal toca visitar ao meu Wolf Love, ya tu sabe, mi amol! Cinco diinhas con xente mui especial. Xa facía tempo que non facíamos un viaxe así, pero só a idea xa me pon os pelos de punta. Ímolo pasar teta! Lau, faime un oco na tua cama ee? que me prometeches un trato preferente, e o prometido é déveda! jajaja
Bom, voume despedindo que xa son horas de cear qualquecoissa. Espero que o estedes pasando polo menos a metade de ben que eu, porque xa será un estado de felicidade óptimo. Sabedes que vos adoro. Ficade bem, meus coraçoes!

viernes, 4 de marzo de 2011

O que nos espera...

A día 4 de Marzo (Parabéns, papá), estamos a un par de horinhas de ir a Badaxoz ao entroido. Falaronme mui ben del. voltaremos o domingo despois de dous dias de intensa festa... o disfraz ainda non está claro, pero hai algunhas ideas mui provocativas jajaj
Despois haberá q ir aforrando, que á volta hai unha visita mui especial, despois viaxe a London con Roichin, Ale e Lauuuu!! e despois xa practicamente é semana santa... en fin, vaise pasar voando este segundo cuatrimestre, pero iso é boa sinal...
Van ser dias de alegria, dias de felicidade, DIAS INCRIBLES E PERFECTOS!!
O séquito que temos formado Pablo o catalán, Javi e Alberto os cacereños, Rui o portugués e eu, o jallejo, non ten prezo. Pasámolo genial. Por certo, xa están disponibles as becas do ministerio para estudar no vran no estranxeiro, quen se apunte q mo diga, que eu vouna pedir!
1bicazo a todos!!! Sabedes q vos adoro (a ti mais, Lau, non te celes)