Vistas de página en total

viernes, 25 de marzo de 2011

Next station: Wolverhampton

Acordar ás 18:30h (portuguesas) despois de 2h de sesta, saír a onde te leve o mundo, chegar a Belem, sentarte nun banco, sentir unha brisa suave na cara con cheiro a azahar, comer unha mandarina, ler un libro, ver como a xente pasa dun lado a outro, seguir a ruta e ir ver a uns rapacinhos como lle dan unhas patadas a un balón... Sinxelamente non ten prezo. Pensar que ao comezo queríame voltar para Vigo porque sentía que este non era o meu sitio... Que enganado estaba. O que estou disfrutando ultimamente en Lisboa non o podo definir con palabras. Mais agora que son realmente feliz, só penso que en apenas tres meses acábase... e non quero! Parte de culpa desa felicidade tamén a ten certa personinha que día a día sácame un sorriso. Quen o podería imaxinar a comezo de curso? Este fin de semana pasado foi incrible. Dos mellores días en Lisboa desde que cheguei, sen dúbida. Bonita.
A proxima parada será para a semana en Vigo, para renovar o DNI, que certa noite debino esquecer no bus ou non sei onde... xD mais será unha parada breve tras a cal toca visitar ao meu Wolf Love, ya tu sabe, mi amol! Cinco diinhas con xente mui especial. Xa facía tempo que non facíamos un viaxe así, pero só a idea xa me pon os pelos de punta. Ímolo pasar teta! Lau, faime un oco na tua cama ee? que me prometeches un trato preferente, e o prometido é déveda! jajaja
Bom, voume despedindo que xa son horas de cear qualquecoissa. Espero que o estedes pasando polo menos a metade de ben que eu, porque xa será un estado de felicidade óptimo. Sabedes que vos adoro. Ficade bem, meus coraçoes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario