Vistas de página en total

martes, 28 de junio de 2011

Volta a casa...

Despois de 10 meses intensos en Lisboa, uns mellores, outros peores, toca o momento de abandonar este gran sitio, con tanta xente boa á que se lle colle tanto cariño en tan pouco tempo... Sobre todo estes últimos 5 meses con Javi en Belem foron os meses que mellor mo pasei en muito tempo. Muitos viaxes, muitas festas, muitos bós momentos... O Séquito, o petamento definitivo, as lonchas... en fin, muitos momentos que quedarán na memoria e que fan que me despida chorando de todos e cada un dos que compartimos tantas cousas boas... Sei que pode que veñan tempos mellores, que voltarei a casa e verei a tanta xente á que tamén botei muito de menos estando aquí... Pero sempre fastidia cando deixas un sitio e coñeces tanta xente que vale a pena, despedirte dela... Aínda nos queda manhan o ultimo exame e o xoves a presentación de un traballo, pero xa a muita xente non a verei mais. Iso si, sei que aos que vos teño cerca vos voltarei ver como tarde para o ano! que temos un par de viaxecinhos pendientes ;)
Bueno, sen mais, voume despedindo que ainda non empecei a estudar para o examen de manha... jajaja Querovos, coraçoes

No hay comentarios:

Publicar un comentario