Vistas de página en total

martes, 28 de septiembre de 2010

Isto é un non parar...

Dende que cheguei a Lisboa, non fixeron mais q invitarme a festas e máis festas... Con dicir que a golpe de luns saimos para celebrar o cumple de Martita ata as 3 da manha e había xente!! Hoxe, martes, hai outra, pero non se pode abusar e creo que volverei pa casinha pa Alges, que manhan hai clase ás 8... :S
Pero a xente parece que se toma 20 redbulls o dia, xq non se cansa de sair!
No novo piso estou eu solinho pois os meus companheiros non chegan ata o dia 1 (so sei que un ten un gato xD) e non sei nin como son nin de onde serán...en fin esperemos que sexan boa xente, con iso conformome ;)
x certo os horarios aquí son unha bazofia!! hoxe tenho 2h de clase e onte tuven 9! e o xoves tenho hora e media, outra hora e media libre, outra hora e media de clase, dúas horas libres e unha hora de clase :SS
pero weno, o importante é que xa estou asentado nun piso mui majo e estou feliz! (ata fixen a minha primeira compra jajaja)
weno xente, espero que o estedes pasando xenial e que me sigades avisando de todo x tuenti ok? ainda q esté todos os dias de resaca, eu prometo contestarvos! ajaj
1bicazo e 1aperta enorme para todos! Queresevos!

domingo, 26 de septiembre de 2010

Comeza unha nova etapa

Onte fun ver varios pisos a Algés, a 7-8km de Lisboa, e un encantoume, so que me dixo o tipo que só podería quedar nel si unha tipa non vinha... Mais ensinoume outro xusto enriba e dixen: Esta é a minha, tenho que quedar aqui. Hoxe múdome para alí! O prezo é un pouco caro, 250€ mais 7 de Internet e a parte o gas. Pero está a 10min da minha facultade en bus, asi que, a estas alturas, non podo facerlle ascos. Ademais ten muita luz e viven estudantes da minha facultade cos que podo volver despois de sair por Lisboa ;)
Mais agora xa tinha a minha pandilla por Lisboa e agora terei que empezar de novo con estes novos companheiros; ainda que non creo que haxa problema.
Iso si, non deixo de botar de menos Vigo, e todo o que ilo conleva... Aidinha, Roi, Gugu, Lau R., Chete... en fin, espero esa visita pronto eee? que agora xa non hai escusas! podedes quedar no meu piso sen problema (si traedes esterilla, xq non ten salon... xD)
Grazas a todos por ler isto e decirmo por tuenti. Pouco a pouco, facédesme sentir querido e iso no estranxeiro sempre se agradece.
1aperta enorme e un bicazo a todos! Querovos!

viernes, 24 de septiembre de 2010

Primeiros dias

Bós días, mundo!
levo en Lisboa case unha semana e aínda non lle pillei o gusto... os primeiros días foron horribles, comezo das clases, sen ninguén en quen apoiarse, persoas moi queridas, moi lonxe, os únicos que me facían sorrir cada día eran unha parella de chilenos gays, pero agora marcharon... Detalle non comentado: unha semana en lisboa e ainda non tenho piso onde vivir. De momento estou nun hostal no que fago amigos constantemente e que está enriba de 4 pisos ERASMUS que era onde iba vivir, mais non puiden reservar e esgotáronse as prazas... Fun ver dous pisos de momento e un no quinto carallo e outro non me apareceu o tipo para ensinarmo :S
Onte tivemos a nosa primeira festa ERASMUS e a verdade non estivo nada mal. Conhecin moita xente, o bar estaba petado... pero hoxe hai clase e hai que buscar piso...
Outro detalle sen importancia: o piso ten que ser cerca dunha estacion de metro verde, pois cada manhan as 7 da manhan tenho q collelo para despois coller un tren que me leve á facultade...
As clases son moi, moi esixentes e obrígannos a meternos nun ximnasio e manternos en forma durante alomenos 3 dias a semana...
O único que me levanta o ánimo é que en breves sei que poderei topar piso e os meus amigos visitaranme moi pronto. Ademais falar por Skype cos seres queridos sempre che sube a moral!
Bueno por hoxe vou deixándoo, en canto tenha novas novas, ireinas publicando aquí :)

Grazas por estar ai xente!