Vistas de página en total

viernes, 24 de septiembre de 2010

Primeiros dias

Bós días, mundo!
levo en Lisboa case unha semana e aínda non lle pillei o gusto... os primeiros días foron horribles, comezo das clases, sen ninguén en quen apoiarse, persoas moi queridas, moi lonxe, os únicos que me facían sorrir cada día eran unha parella de chilenos gays, pero agora marcharon... Detalle non comentado: unha semana en lisboa e ainda non tenho piso onde vivir. De momento estou nun hostal no que fago amigos constantemente e que está enriba de 4 pisos ERASMUS que era onde iba vivir, mais non puiden reservar e esgotáronse as prazas... Fun ver dous pisos de momento e un no quinto carallo e outro non me apareceu o tipo para ensinarmo :S
Onte tivemos a nosa primeira festa ERASMUS e a verdade non estivo nada mal. Conhecin moita xente, o bar estaba petado... pero hoxe hai clase e hai que buscar piso...
Outro detalle sen importancia: o piso ten que ser cerca dunha estacion de metro verde, pois cada manhan as 7 da manhan tenho q collelo para despois coller un tren que me leve á facultade...
As clases son moi, moi esixentes e obrígannos a meternos nun ximnasio e manternos en forma durante alomenos 3 dias a semana...
O único que me levanta o ánimo é que en breves sei que poderei topar piso e os meus amigos visitaranme moi pronto. Ademais falar por Skype cos seres queridos sempre che sube a moral!
Bueno por hoxe vou deixándoo, en canto tenha novas novas, ireinas publicando aquí :)

Grazas por estar ai xente!

No hay comentarios:

Publicar un comentario