Vistas de página en total

miércoles, 27 de octubre de 2010

Que los que esperan, no cuenten las horas...

Bueno, 7h para o retorno tan esperado a Galiza e sigo en pé. Espero poder chegar a estación sano e salvo, porque andar por estas rúas de noite... (estou na casa de Marta, que ela marchou a París a ver a Rakelinda)
Pois iso, con muitos nervos antes de volver, porque tenho muitisimas ganas... De ver a todo o mundo e de darlle un abrazo... ains...
Onte tiven cea cos companheiros de piso. Fíxenlles unha tortilla e quedáronse en plan "isto que é?" que non o conocian! non sabían que carallo era! jajaj pero, claro, encantoulles xD nesa cea decateime que un deles, o que mais veces levaba o seu maromo, non é gay! jajaj contoume que estaba namorado dunha que fai BALLET  con el... en fin, pa min que é todo unha tapadeira jajaj e o seu gato sácame de quicio, teno mais malcriado... fai con el o que quere! eu xa o trato a patadas... onte destrozou o papel higienico e a pouco mais arrancolle a cabeza diante do dueño!
Bueno, con espectativas enormes postas na gran noite compostelá q nos espera manhá, vouvos deixando, que tenho que abandonar un país xD
Querovossss

domingo, 24 de octubre de 2010

"El único sitio dónde el éxito viene antes que el trabajo es en el diccionario" D. Kendall

Onte non foi unha noite das memorables, pero bueno, tivo as súas cousas boas... non volvín a liala jajaj
Esta semana pasouse rapidísimo, como casi todas as anteriores. Púxenme un pouco as pilas co tema do gim, xa tenho un pupilo o que entrenar xD algún que outro partidillo, ver FoQ acompañado da abuela e comentalo, etc. Iso si, agora tenho que porme as pilas no tema de chapar, porque xusto o día que chego de Vigo tenho unha exposición en portugués e o día seguinte un exame :S
Sigo na procura de "tranquilizantes" para a viaxe do xoves, pero ninguén sabe onde podo conseguilos... en fin, paciencia...
Xa hai muitas ganas de voltar a ver os meus: Aidinha, Roichin, Chetolas, Gugu, Evinha, Bitallo, Glo, e o resto... vou tentar que sexa legen... dario! mais a ver que se pode facer, porque xa me dixeron que o xoves vai estar un pouco pobre Compostela (non saen nin Roi nin Biti...) asi q haberá que facer algo épico para compensalo jajaj
Bueno, xa escribín demasiado para estar de resaca xD Déixoo aquí e voltarei darvos sinais de vida antes de ir para a terra querida.
Quérovos coraçoes!

miércoles, 20 de octubre de 2010

It's always sunny in Lisbon

Hoxe toca día de conferencias sobre a Actividade Física, a Obesidade e os problemas de non levar unha vida saudábel na idade escolar. Trata de cómo os futuros profesores de educación física deben promover o deporte e a actividade física na escola. Os datos que nos deron pola manhá son desoladores... Que en pleno século XXI sexa un dos problemas máis relevantes da nosa sociedade, ten delito...
Onte tocou ir ver o Madrid á taberna ibérica, onde o vemos sempre, mais a ausencia de Nacho foi relevante xD iso sí, menuda merda de partido... compensaba ver os primeiros 15min e marchar pa casa, que parecía un partido de amigos jubilados...
Weno, hoxe tocou historia breve, que teño q volver as conferencias. Por certo 8 días e estarei en Galiza de novo! que pouco queda xa! Querovoooos

sábado, 16 de octubre de 2010

Cascais-Guincho

Hoxe fumos desde pola manhá a Cascais, unha cidade turística en plan Sanxenxo, a facer unha ruta en bici ata Guincho, unha praia enorme e preciosa onde vai todo o mundo a facer surf e body. Foron 8km en bici, con todo tipo de contratempos: non había bicis para todos, tuvemos que ir de dous, dar voltas en busca das bicis... pero valeu a pena! Chegamos á praia e démosnos un baño un rapaz de Madrid e eu, pero un baño de tres cuartos de hora! Estábase genial! Collíamos olas sen tabla, pero eran enormes e dábannos unhas ostias wapas, wapas! jajaj collíannos arriba e lanzábannos contra o chan, porque rompían case na orilla, pero pasámolo genial. Logo comimos alí e volvimos.
E esta noite tocará outra vez festa no edificio ERASMUS por excelencia xD aínda que antes teremos que ir ver o Valencia e logo o Madrid, claro jaja
Xa quedan só 12 días para ir a Vigo! e o que é máis importante: a Compostela! menuda noite vai ser esa...
Bueno, vouvos ter que ir deixando, que vou chegar tarde a Lisboa e Nacho non mo perdonaría!
Quérovos a todoooooos!

martes, 12 de octubre de 2010

Cinéfilo

"No me he dado cuenta de lo puesto que estaba hasta que he visto que te he elegido a ti. Joder! has pasado de Beyoncé a ser el Yeti en menos de 6h!"
Esta gran frase é da gran película Smoking Aces (ases calientes). Dende que cheguei a Algés, estoume volvendo un cinéfilo. Como o ximnasio da facultade está sendo reformado, o equipo universitario ata a semana que ven non empeza os entrenamentos e saír a correr eu solo dame unha pereza... pois quédome na casa vendo pelis ou vou ata Lisboa a ver a Martita, Pilar, Nacho... e á francesa que me trae tolo! Lucille... ains... xD
Hoxe tocará ir ata Lisboa a ver o partido de Escocia e tomarlle unhas birrillas, eh Nacho? Pero como comprenderedes, aquí non hai Estrella, así que temos que conformarnos con Super Bock, Sagres ou Imperial... esta última non está nada mal, a verdade.
Por fin me din de baixa en MAF e agora tenho duas asignaturas mais, 0,5 créditos máis e seis horas menos de clase jajaj iso si, non vou poder ensinarvos aquaerobic... pero weno, os conceptos básicos teñoos ;)
Só quedan quince días para poder volver a Vigo. Qué ganinhas! e xusto ó chegar, expoñer un traballo para Organizaçao do Desporto en portugués diante de todo o mundo... en fin, a ver como sae...
Pero ese finde vai ser... mmm... como o diría eu? legen... ti xa sabes como sigue, Biti xD
Bueno, aproveitarei o Martes, que tenho so duas horas de clase, e durmirei un ratinho mais ;)
Grazas por seguir ahi! Querovoooos!

sábado, 9 de octubre de 2010

Até nunca, MAF

Despois de muito darlle voltas á cabeza, decidín darme de baixa nunha asignatura que me traía loco... Metodología das Actividades Físicas (MAF). Eran 9h á semana, dous días comezando ás 8h da manhá, só 6cts, e mandar facer coreografías e toda a movida... eu non valo para iso. E menos en portugués... ademais que son menos coordinado que a ostia: para luns tiñamos que facer unha coreografía para Aquaerobic e mostrarlla a todos e aparte, outra coreo para Aerobic... xa vou pasar nin de ir a clase. Voulle mandar un correo ás tipas e dicirlle que nada, que outro ano será... Foi unha decisión moi meditada, pero comprobei que me compensan máis dúas asignaturas máis de 3h á semana que esta, que é unha carga física incrible.
Por certo, metinme no equipo universitario, a ver como vai a movida. Xa empezaron a entrenar! Por fin vou volver pisar un campo sintético e volver a enfundarme as Copa Mundial... que ganas! e de tocar un balón, nin digamos! Ademais dixéronme que o ximnasio da facultade é gratis! Quítanme o peso de ter que pagar 40 euros por dous días á semana!
Hoxe haberá que volver a saír, despois de case 10 días sen nin siquera dar unha volta pola noite! Por certo, onte vimos a peli de Hostel, bueno, viuna Nacho un rapaz de Asturias, porque o resto quedámonos troncos perdidos! Pero queda pendiente vela! que tinha boa pinta!
Weno, agradecervos como sempre que sigades ahí ;) Quérovooooos!

miércoles, 6 de octubre de 2010

100 anos de República

Onte cumpríronse 100 anos da instauración da I República de Portugal, instaurada esta logo dunha ditadura e posterior revolta. Onte tuveron lugar en Lisboa numerosos actos de festexo de dita data. Mais a xente non estaba realmente implicada en ditos festexos, pois a maioría dos espectadores eran estranxeiros interesados pola cultura portuguesa... Até houbo unha serie de manifestas en contra do governo mentras o ministro estaba dando o discurso. O povo portugués está moi descontento co governo e como xestiona os seus cartos. Portugal non deixa de ser un país cuns cantos anos de retraso con respecto a Espanha e moitos anos de desvantaxe con respecto a Europa. Lisboa, en particular, ten todas as características dunha capital dun país en vías de desenvolvemento: unhas zonas moi luxosas, de negocios e moi ben coidadas e outras moi descuidadas, que agora se empezan a preocupar por elas, con moito perigo e vandalismo na rúa. Onte estivemos nun parque no centro da cidade incrible, moi ben coidado e digno dunha cidade europea, mais onde viven Marta e o resto, as rúas son grises, hai moito tráfico, cheiran mal, están moi pouco coidadas e algunhas nen asfaltadas... en fin, é un país de contrastes.
Estes días de relax fixéronme moito ben, e agora empezo realmente a desfrutar da minha estancia en Lisboa. Ademais a posible visita de Aida este fin de semana levántalle o ánimo a un mortooo!! jajaj
Hoxe tamén estuven planificando as vacacións deste curso, e dinme de conta que no segundo cadrimestre non vou estar máis de 3semanas seguidas en lisboa, pois sempre tenho algunha semana na que non hai clase polo medio... en fin, que o sufrimento inicial vai compensar con creces ;)
Bueno, non vos raio mais, agradézovos unha vez máis a vosa lectura e deséxovos o mellor!
1bicazo e unha aperta enorme a todos!

viernes, 1 de octubre de 2010

E viva a ESEL!

Onte fumos a unha macrofesta ao parque das naçoes, onde se fixera a Expo, chamábase Mega Festa (nome orixinal onde os haxa xD), e era onde os veteranos lle facían novatadas aos novos, que en realidade levan xa un mes facéndollas, polo que me contaron... Había de todo: rapaces e rapazas que repartían abrazos gratis (eu fun onda unha, aproveitando a situación xD), xente liándoa muitisimo no metro, e o que mais nos chamou a atención: os novatos que cantaban "e viva a ESEL"... Estes individuos lonxe de cansarse de cantar a mesma canción todo o rato, repetíana e repetíana coa mesma ansia, e si a cantaron 50 veces seguidas non esaxero nadinha. A canción era dunha complexidade que nin Stephen Hawking sería capaz de elaborala, dicía así: "E viva a ESEL, e viva a ESEL, e viva a Escola Superior de Educaçao de Lisboa, e viva a ESEL..." e así todo o rato... pasámonos toda a noite cantándoa, que se nos pegou! jajaj
De todas formas, non mo pasei especialmente ben... non sei, sair por aquí non me entusiasma como por Vigo, Ponte ou Santiago... en fin, sei que son ralladuras de cabeza, pero doulle voltas e pregúntome si realmente vale a pena... e despois volver para Algés as 5 da manhá é realmente duro...
Hoxe volvín faltar á clase de Organizaçao do Desporte... O tipo non me avisa de nada, eu pensei que había ioga e chego o ximnasio, que queda a tomar polo cu (mais de media hora andando, que non hai buses), e dinme que non existe tal clase, que os alumnos da FMH podemos usar o gim cando queiramos pero de 13 a 15h... e eran as 11... apenas durmira un par de horas... en fin, unha merda...
Domingo hai planeada unha visita a Sintra, algo que me apetece e moito, pois dixéronme que está genial.
Bueno, non me demoro máis, grazas unha vez máis por prestarme uns minutinhos ó día en ler isto, pois dame ánimos para seguir tirando ;) Quérovos xente!

PD: Aidinha, non te preocupes, xa verás como todo se arregla mui pronto. Cando poidas, xa sabes, Skype e falamos, e o 28 tesme ahí, asegúrocho!