Vistas de página en total

miércoles, 6 de octubre de 2010

100 anos de República

Onte cumpríronse 100 anos da instauración da I República de Portugal, instaurada esta logo dunha ditadura e posterior revolta. Onte tuveron lugar en Lisboa numerosos actos de festexo de dita data. Mais a xente non estaba realmente implicada en ditos festexos, pois a maioría dos espectadores eran estranxeiros interesados pola cultura portuguesa... Até houbo unha serie de manifestas en contra do governo mentras o ministro estaba dando o discurso. O povo portugués está moi descontento co governo e como xestiona os seus cartos. Portugal non deixa de ser un país cuns cantos anos de retraso con respecto a Espanha e moitos anos de desvantaxe con respecto a Europa. Lisboa, en particular, ten todas as características dunha capital dun país en vías de desenvolvemento: unhas zonas moi luxosas, de negocios e moi ben coidadas e outras moi descuidadas, que agora se empezan a preocupar por elas, con moito perigo e vandalismo na rúa. Onte estivemos nun parque no centro da cidade incrible, moi ben coidado e digno dunha cidade europea, mais onde viven Marta e o resto, as rúas son grises, hai moito tráfico, cheiran mal, están moi pouco coidadas e algunhas nen asfaltadas... en fin, é un país de contrastes.
Estes días de relax fixéronme moito ben, e agora empezo realmente a desfrutar da minha estancia en Lisboa. Ademais a posible visita de Aida este fin de semana levántalle o ánimo a un mortooo!! jajaj
Hoxe tamén estuven planificando as vacacións deste curso, e dinme de conta que no segundo cadrimestre non vou estar máis de 3semanas seguidas en lisboa, pois sempre tenho algunha semana na que non hai clase polo medio... en fin, que o sufrimento inicial vai compensar con creces ;)
Bueno, non vos raio mais, agradézovos unha vez máis a vosa lectura e deséxovos o mellor!
1bicazo e unha aperta enorme a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario