Vistas de página en total

viernes, 1 de octubre de 2010

E viva a ESEL!

Onte fumos a unha macrofesta ao parque das naçoes, onde se fixera a Expo, chamábase Mega Festa (nome orixinal onde os haxa xD), e era onde os veteranos lle facían novatadas aos novos, que en realidade levan xa un mes facéndollas, polo que me contaron... Había de todo: rapaces e rapazas que repartían abrazos gratis (eu fun onda unha, aproveitando a situación xD), xente liándoa muitisimo no metro, e o que mais nos chamou a atención: os novatos que cantaban "e viva a ESEL"... Estes individuos lonxe de cansarse de cantar a mesma canción todo o rato, repetíana e repetíana coa mesma ansia, e si a cantaron 50 veces seguidas non esaxero nadinha. A canción era dunha complexidade que nin Stephen Hawking sería capaz de elaborala, dicía así: "E viva a ESEL, e viva a ESEL, e viva a Escola Superior de Educaçao de Lisboa, e viva a ESEL..." e así todo o rato... pasámonos toda a noite cantándoa, que se nos pegou! jajaj
De todas formas, non mo pasei especialmente ben... non sei, sair por aquí non me entusiasma como por Vigo, Ponte ou Santiago... en fin, sei que son ralladuras de cabeza, pero doulle voltas e pregúntome si realmente vale a pena... e despois volver para Algés as 5 da manhá é realmente duro...
Hoxe volvín faltar á clase de Organizaçao do Desporte... O tipo non me avisa de nada, eu pensei que había ioga e chego o ximnasio, que queda a tomar polo cu (mais de media hora andando, que non hai buses), e dinme que non existe tal clase, que os alumnos da FMH podemos usar o gim cando queiramos pero de 13 a 15h... e eran as 11... apenas durmira un par de horas... en fin, unha merda...
Domingo hai planeada unha visita a Sintra, algo que me apetece e moito, pois dixéronme que está genial.
Bueno, non me demoro máis, grazas unha vez máis por prestarme uns minutinhos ó día en ler isto, pois dame ánimos para seguir tirando ;) Quérovos xente!

PD: Aidinha, non te preocupes, xa verás como todo se arregla mui pronto. Cando poidas, xa sabes, Skype e falamos, e o 28 tesme ahí, asegúrocho!

No hay comentarios:

Publicar un comentario