Vistas de página en total

sábado, 9 de octubre de 2010

Até nunca, MAF

Despois de muito darlle voltas á cabeza, decidín darme de baixa nunha asignatura que me traía loco... Metodología das Actividades Físicas (MAF). Eran 9h á semana, dous días comezando ás 8h da manhá, só 6cts, e mandar facer coreografías e toda a movida... eu non valo para iso. E menos en portugués... ademais que son menos coordinado que a ostia: para luns tiñamos que facer unha coreografía para Aquaerobic e mostrarlla a todos e aparte, outra coreo para Aerobic... xa vou pasar nin de ir a clase. Voulle mandar un correo ás tipas e dicirlle que nada, que outro ano será... Foi unha decisión moi meditada, pero comprobei que me compensan máis dúas asignaturas máis de 3h á semana que esta, que é unha carga física incrible.
Por certo, metinme no equipo universitario, a ver como vai a movida. Xa empezaron a entrenar! Por fin vou volver pisar un campo sintético e volver a enfundarme as Copa Mundial... que ganas! e de tocar un balón, nin digamos! Ademais dixéronme que o ximnasio da facultade é gratis! Quítanme o peso de ter que pagar 40 euros por dous días á semana!
Hoxe haberá que volver a saír, despois de case 10 días sen nin siquera dar unha volta pola noite! Por certo, onte vimos a peli de Hostel, bueno, viuna Nacho un rapaz de Asturias, porque o resto quedámonos troncos perdidos! Pero queda pendiente vela! que tinha boa pinta!
Weno, agradecervos como sempre que sigades ahí ;) Quérovooooos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario