Vistas de página en total

martes, 21 de diciembre de 2010

Fechado por Natal

Bueno, co modo chapatoria activado en Vigo, hai pouco tempo para desfrutar cos de sempre... Pasen todos unhas boas vacacions e unha boa entrada do novo ano!

lunes, 13 de diciembre de 2010

Wolf Love

Estes días coa minha rapariga de Wolverhampton prometen ser enormes! o día de onte foi completinho: chegou, comimos e marchamos a ver un pouco de Lisboa (casi todo), pero hoxe leva mais de 12h durmindo... :S e weno, só nos quedan hoxe manhan e pasado pa ver isto, e logo pa casinha, que xa hai unhas ganas... (xoves cea de clase, venres cumple de Ire ou saída x Vigo igual, e sábado cumple dos cracks Moranheses e campolameirenses xDD) vai ser unha semana completinha ;)
Weno, agora mesmo debería estar en clase, pero estes días pouco a vou pisar, creo eu, xa levo todo o cuatrimestre indo, que lle den polo saco un poukinho...
Enha coraçoes, vémonos prontinho, ok?
Quérovoooos!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Para ser grande, sê inteiro





"Para ser grande, sê inteiro: nada
teu exagera ou exclui.
Sê todo em cada coisa. Põe quanto és
no mínimo que fazes.
Assim em cada lago a lua toda
brilha, porque alta vive"
F. Pessoa - "Ricardo Reis"

pouco que dizer, á parte de GRAZOLAS ou OBRIGADÍSIMO!! estes días foron xeniais ó voso carón!

lunes, 29 de noviembre de 2010

"Ir al Camp Nou con el Real Madrid será aún más divertido" The Special One

Bueno, nervios aparte, incrible o partido que nos espera esta noite. Como di Maldini "seguramente irrepetible". Este foi un gran finde, dos mellores até o de agora, muitas risas, muita xente nova, indo nun taxi 6 persoas e berrándolle ó taxista: ti enrollate, que si che ponhen multa, pagámola nos! jajajaj e o tipo:1.200€?? O que sea!!! jajajaj
Despois mil anécdotas cunha rapaza incrible sevillana que conhecin na festa (INCRIBLE) e con Fran, un asturiano mui radical xDD
Falando xa do partido desta noite, muita xente chámame tolo por pensar que o Madrid pode ganar, despois de tantos anos (desde o gol de Baptista que nos serviu para ganhar a liga naquel decembro do 2007) e tantas humillacións que nos sentaron como corridas na cara... Este Madrid de Mou é un equipo novo, sabe ó que xoga e faino ben. Sólido atrás e saíndo rápido á contra. Con xogadores experimentados da talla de Cristiano, Casillas, Xabi e novas promesas deste equipo como Di Maria ou Ozil. O Barça terá que por as mellores cartas sobre a mesa si quere sacar algo positivo deste duelo.
Viviremos este partido como si se acabara o mundo despois, disfrutando de cada segundo!
Falando de todo un pouco, só quedan 4 días para a gran arrivada de xente de visita! Raquel, Cata, Andrea e Aidinha disfrutarán dun fin de semana épico que tardarán en olvidar!
Weno, sin mais voume comer que en breves terei clase outra vez :S
Querovos a todooooooooooos! só me quedan duas cousas que dicir: um, dois e tres... HALA MADRID!

lunes, 22 de noviembre de 2010

"En el prado la vaca hace muu (3) El granjero le machaca la cabezaaaa! Y de ahí, sale la hamburguesaaa!" Phoebe Bouffé

O peor finde desde que cheguei, sin duda. Incluso peor que os primeiros días. Prometía bastante bo, porque o venres (sexta-feira) non houbo clase (aulas) e puden adiantar traballo para poder saír o sábado. Mala opción. Primeiro fumos ver o Madrid Nacho e eu ó bar o que vamos sempre e estuvemos falando cuns españoles q están en Lisboa, que sempre nolos topamos alí e xa confraternizamos con eles. Ata aí todo iba ben, prometía incluso unha gran noite. Fumos beber ó piso de Jorge e Nicholas. Primeira mala opción. Xogo de soplar e tirar as cartas. Bebín casi todo eu... Mira que son torpe para ese xogo. Segunda mala opción: xogar á pirámide. Creei enemigos no xogo anterior e jodéronme xD Terceira mala opción: saír da casa. Chegamos a Barrio Alto e fumos a por litronas, o que foi outra mala opción, pois vinhéronnos uns negros a pedir cerveza, ós cales lles dixemos que no (non fai falta que diga que foi outra mala opción), vinheronnos logo que querían rajarnos e mil movidas... en fin, marchei pa casa eu solo, andando, porque perdera a todo o mundo escapando dos negros e o movil non me funcionaba...
O dia seguinte volvín para Algés no tranvia na hora q iba todo o mundo a Belem... ca mochila posta e o tranvia petado (unha das últimas malas opcións), ben, pois jodéronme o móvil e o mp4... quixen matar a alguen... pero non tinha a ninguen cerca xD iso sí, lembrome da cara do tipo (non quero ser racista, pero era outro negro...) Logo a durmir todo o dia, unha das poucas boas opcións...
Peor non podían saír as cousas, así q agora xa podo relajarme un pouco e facer traballos tranquilamente, que é o que toca antes de que venhan as visitillas (só quedan 10 dias, que nervos!)
Bueno, voume despedindo que tenho que ir comer e despois agárdanme 6h intensas facendo traballos e en clase.
Quérovos xente!
Por certo o partido Portugal-Espanha foi un dos mellores orgasmos da minha vida xDD

lunes, 15 de noviembre de 2010

"El gobierno no quiere que se sepa, pero hay combustiones espontáneas sin parar. Por eso hay tantas zapatillas colgadas de los cables de la luz!" Hombre Cangrejo

Finde bastante bo. Sábado de borrachera en Intendente Power e despois a unha discoteca que, a verdade non sei mui ben onde quedaba, pero paseimo muuuuui ben! Por fin unha discoteca con música decente! podíase bailar! jajaj E ver a Marta borracha non ten prezo! jajaj
Previamente botaramos o habitual partido dos sábados na faculdade. Hai un calvo que ven xogar con nós que é unha puta máquina! A ver si podemos organizar un a campo grande, que sinon as Copa Mundial vanse aburrir de estar no caixón xD
Por certo onte invitáronme os maricas do meu piso a xogar ó poker, pero estaba tan rebentao que nin me levantei da cama pa ir ata a cocinha jajaja
Penso que están tendo unha aventura o brasileiro e o portugués, pero tenho que averiguar máis... Esas chegadas do brasileiro de traballar á 1 da manhá e petarlle na porta ó portugués decíndolle todo meloso "Posso??" jajaj morre de ganas de entrar xDD Por certo, puto gato, un día vouno ter que matar...
Xa só queda pouco máis de dúas semanas para a chegada de Cata e Aida e aínda tenho que facer mil movidas e deixar todo feito para que non se me acumule todo mentras están eles aquí... Xa tenho a ruta decidida!
Hoxe fumos até a piscina a preguntar o do nadador que temos que investigar e dixéronnos que temos que esperar até xaneiro... flipa colega...
Bueno vouno deixando por hoxe, que tou rebentao, hoxe foi un día ben largo... Aínda acabo de chegar agora a casa dende as 9 da manhá que marchei para a faculdade...
Quérovos a todoooos!

P.D.: qué se fai en fin de ano?? Entradas para Etnias esgotadas :SSS

lunes, 8 de noviembre de 2010

"É feliz o que soñando, morre. Desgraciado o que morra sin soñar" Rosalía De Castro

Finde máis ou menos tranquilo. Venres na festa polaca...Casa en Oeiras, a 10km de Alges, con piscina, muito alcohol, muita comida polaca, muita muller... Decepción final por non bañarnos na piscina borrachos (cando nos dimos conta eran as 2 da manhan e estabannos botando de alí). Muito polaco, polaca, italiana... Estaba na minha salsa jajaj Cando nos botaron non sabiamos onde ir, porque en Oeiras non había nada aberto... tiramos para a estación e alí quedamos ata as 6 que nos saiu o tren... O sábado partido Erasmus, como de costume, e o domingo dia de fútbol: partido do Celta, partido do Madrid, partido do Benfica, partido do Liverpool... jajaj quedei saciado.
Só quedan 3 semanas para que venhan Aidinha e Cata e ainda tenho que preparar un traballo da ostia, a súa exposiçao en portugués, outra exposicion tamén en portugués, estudar para un exame... tenho que porme as pilas rápidamente, porque sinon non me vai dar tempo a na! que ata o de agora non fixen na... hoxe tuven examen e saquei un 0... jajaj pero bueno, consólame que unha portuguesa sacou un -16 xDD (as respostas erradas restan)
Bueno, vouvos deixando que tenho que ir comer e prepararme para as 3h de clase que me quedan... sen mais,
Quérovoooos!

martes, 2 de noviembre de 2010

No hay nada más necesario que lo superfluo

 - Buenos días princesa! he soñado toda la noche contigo, íbamos al cine y tu llevabas aquel vestido rosa que me gusta tanto, solo pienso en ti princesa, pienso siempre en ti, y ahora...
—Bueno, adiós. Ha sido muy gentil conmigo. Ahora voy a tomar un buen baño caliente.
—Ah... me olvidaba decirte que...
—Dilo.
—... Que tengo unas ganas de hacerte el amor contigo que no te puedes ni imaginar. Pero esto no se lo diré a nadie. Sobre todo a tí. Deberían torturarme para obligarme a decirlo.
—¿A decir qué?
—Que quiero hacer el amor contigo. No una vez solo, sino cientos de veces. Pero a tí no te lo diré nunca. Solo si me volviera loco te diría que haría el amor contigo, aquí, delante de tu casa, toda la vida.


As 9 horas de viaxe valeron a pena só por ver esta magnífica peli. La vita è bella. Incrible. Das poucas que che dan ganas de chorar de rabia, polas inxustizas e polo sacrificio que leva manter unha familia feliz pese a elas...
Bueno, contar un poukinho do finde da ostia que pasei en Galiza. Pasei das mellores noites que lembro até o de agora... a do xoves foi a ostia e a do domingo xenial! pudo ser perfecta de non ser por algún detalle xD 
Chetolas, xa me olvidara o ben que o pasaba cando saíamos os 3! e iso que nos fallou Roi! pero con Gu liámola muito! Agora a planear fin de ano! Pode ser épico! si sae todo ben, claro!
A conta atrás agora será muito máis breve, porque Aidinha visitarame o día 3, xunto con Cata, que tamén tenho unhas ganas de velo da ostia! Fareivos de guía, non vos preocupedes! 
Bueno, agradecer a todos o gran finde que me fixestes pasar, incluido Pitu e Iago, os xogadores máis sucios que xamais se viron... xD
Quérovos a todooooos!


PD: Victoria no I Torneo de Póker Anton's House xD


 

miércoles, 27 de octubre de 2010

Que los que esperan, no cuenten las horas...

Bueno, 7h para o retorno tan esperado a Galiza e sigo en pé. Espero poder chegar a estación sano e salvo, porque andar por estas rúas de noite... (estou na casa de Marta, que ela marchou a París a ver a Rakelinda)
Pois iso, con muitos nervos antes de volver, porque tenho muitisimas ganas... De ver a todo o mundo e de darlle un abrazo... ains...
Onte tiven cea cos companheiros de piso. Fíxenlles unha tortilla e quedáronse en plan "isto que é?" que non o conocian! non sabían que carallo era! jajaj pero, claro, encantoulles xD nesa cea decateime que un deles, o que mais veces levaba o seu maromo, non é gay! jajaj contoume que estaba namorado dunha que fai BALLET  con el... en fin, pa min que é todo unha tapadeira jajaj e o seu gato sácame de quicio, teno mais malcriado... fai con el o que quere! eu xa o trato a patadas... onte destrozou o papel higienico e a pouco mais arrancolle a cabeza diante do dueño!
Bueno, con espectativas enormes postas na gran noite compostelá q nos espera manhá, vouvos deixando, que tenho que abandonar un país xD
Querovossss

domingo, 24 de octubre de 2010

"El único sitio dónde el éxito viene antes que el trabajo es en el diccionario" D. Kendall

Onte non foi unha noite das memorables, pero bueno, tivo as súas cousas boas... non volvín a liala jajaj
Esta semana pasouse rapidísimo, como casi todas as anteriores. Púxenme un pouco as pilas co tema do gim, xa tenho un pupilo o que entrenar xD algún que outro partidillo, ver FoQ acompañado da abuela e comentalo, etc. Iso si, agora tenho que porme as pilas no tema de chapar, porque xusto o día que chego de Vigo tenho unha exposición en portugués e o día seguinte un exame :S
Sigo na procura de "tranquilizantes" para a viaxe do xoves, pero ninguén sabe onde podo conseguilos... en fin, paciencia...
Xa hai muitas ganas de voltar a ver os meus: Aidinha, Roichin, Chetolas, Gugu, Evinha, Bitallo, Glo, e o resto... vou tentar que sexa legen... dario! mais a ver que se pode facer, porque xa me dixeron que o xoves vai estar un pouco pobre Compostela (non saen nin Roi nin Biti...) asi q haberá que facer algo épico para compensalo jajaj
Bueno, xa escribín demasiado para estar de resaca xD Déixoo aquí e voltarei darvos sinais de vida antes de ir para a terra querida.
Quérovos coraçoes!

miércoles, 20 de octubre de 2010

It's always sunny in Lisbon

Hoxe toca día de conferencias sobre a Actividade Física, a Obesidade e os problemas de non levar unha vida saudábel na idade escolar. Trata de cómo os futuros profesores de educación física deben promover o deporte e a actividade física na escola. Os datos que nos deron pola manhá son desoladores... Que en pleno século XXI sexa un dos problemas máis relevantes da nosa sociedade, ten delito...
Onte tocou ir ver o Madrid á taberna ibérica, onde o vemos sempre, mais a ausencia de Nacho foi relevante xD iso sí, menuda merda de partido... compensaba ver os primeiros 15min e marchar pa casa, que parecía un partido de amigos jubilados...
Weno, hoxe tocou historia breve, que teño q volver as conferencias. Por certo 8 días e estarei en Galiza de novo! que pouco queda xa! Querovoooos

sábado, 16 de octubre de 2010

Cascais-Guincho

Hoxe fumos desde pola manhá a Cascais, unha cidade turística en plan Sanxenxo, a facer unha ruta en bici ata Guincho, unha praia enorme e preciosa onde vai todo o mundo a facer surf e body. Foron 8km en bici, con todo tipo de contratempos: non había bicis para todos, tuvemos que ir de dous, dar voltas en busca das bicis... pero valeu a pena! Chegamos á praia e démosnos un baño un rapaz de Madrid e eu, pero un baño de tres cuartos de hora! Estábase genial! Collíamos olas sen tabla, pero eran enormes e dábannos unhas ostias wapas, wapas! jajaj collíannos arriba e lanzábannos contra o chan, porque rompían case na orilla, pero pasámolo genial. Logo comimos alí e volvimos.
E esta noite tocará outra vez festa no edificio ERASMUS por excelencia xD aínda que antes teremos que ir ver o Valencia e logo o Madrid, claro jaja
Xa quedan só 12 días para ir a Vigo! e o que é máis importante: a Compostela! menuda noite vai ser esa...
Bueno, vouvos ter que ir deixando, que vou chegar tarde a Lisboa e Nacho non mo perdonaría!
Quérovos a todoooooos!

martes, 12 de octubre de 2010

Cinéfilo

"No me he dado cuenta de lo puesto que estaba hasta que he visto que te he elegido a ti. Joder! has pasado de Beyoncé a ser el Yeti en menos de 6h!"
Esta gran frase é da gran película Smoking Aces (ases calientes). Dende que cheguei a Algés, estoume volvendo un cinéfilo. Como o ximnasio da facultade está sendo reformado, o equipo universitario ata a semana que ven non empeza os entrenamentos e saír a correr eu solo dame unha pereza... pois quédome na casa vendo pelis ou vou ata Lisboa a ver a Martita, Pilar, Nacho... e á francesa que me trae tolo! Lucille... ains... xD
Hoxe tocará ir ata Lisboa a ver o partido de Escocia e tomarlle unhas birrillas, eh Nacho? Pero como comprenderedes, aquí non hai Estrella, así que temos que conformarnos con Super Bock, Sagres ou Imperial... esta última non está nada mal, a verdade.
Por fin me din de baixa en MAF e agora tenho duas asignaturas mais, 0,5 créditos máis e seis horas menos de clase jajaj iso si, non vou poder ensinarvos aquaerobic... pero weno, os conceptos básicos teñoos ;)
Só quedan quince días para poder volver a Vigo. Qué ganinhas! e xusto ó chegar, expoñer un traballo para Organizaçao do Desporto en portugués diante de todo o mundo... en fin, a ver como sae...
Pero ese finde vai ser... mmm... como o diría eu? legen... ti xa sabes como sigue, Biti xD
Bueno, aproveitarei o Martes, que tenho so duas horas de clase, e durmirei un ratinho mais ;)
Grazas por seguir ahi! Querovoooos!

sábado, 9 de octubre de 2010

Até nunca, MAF

Despois de muito darlle voltas á cabeza, decidín darme de baixa nunha asignatura que me traía loco... Metodología das Actividades Físicas (MAF). Eran 9h á semana, dous días comezando ás 8h da manhá, só 6cts, e mandar facer coreografías e toda a movida... eu non valo para iso. E menos en portugués... ademais que son menos coordinado que a ostia: para luns tiñamos que facer unha coreografía para Aquaerobic e mostrarlla a todos e aparte, outra coreo para Aerobic... xa vou pasar nin de ir a clase. Voulle mandar un correo ás tipas e dicirlle que nada, que outro ano será... Foi unha decisión moi meditada, pero comprobei que me compensan máis dúas asignaturas máis de 3h á semana que esta, que é unha carga física incrible.
Por certo, metinme no equipo universitario, a ver como vai a movida. Xa empezaron a entrenar! Por fin vou volver pisar un campo sintético e volver a enfundarme as Copa Mundial... que ganas! e de tocar un balón, nin digamos! Ademais dixéronme que o ximnasio da facultade é gratis! Quítanme o peso de ter que pagar 40 euros por dous días á semana!
Hoxe haberá que volver a saír, despois de case 10 días sen nin siquera dar unha volta pola noite! Por certo, onte vimos a peli de Hostel, bueno, viuna Nacho un rapaz de Asturias, porque o resto quedámonos troncos perdidos! Pero queda pendiente vela! que tinha boa pinta!
Weno, agradecervos como sempre que sigades ahí ;) Quérovooooos!

miércoles, 6 de octubre de 2010

100 anos de República

Onte cumpríronse 100 anos da instauración da I República de Portugal, instaurada esta logo dunha ditadura e posterior revolta. Onte tuveron lugar en Lisboa numerosos actos de festexo de dita data. Mais a xente non estaba realmente implicada en ditos festexos, pois a maioría dos espectadores eran estranxeiros interesados pola cultura portuguesa... Até houbo unha serie de manifestas en contra do governo mentras o ministro estaba dando o discurso. O povo portugués está moi descontento co governo e como xestiona os seus cartos. Portugal non deixa de ser un país cuns cantos anos de retraso con respecto a Espanha e moitos anos de desvantaxe con respecto a Europa. Lisboa, en particular, ten todas as características dunha capital dun país en vías de desenvolvemento: unhas zonas moi luxosas, de negocios e moi ben coidadas e outras moi descuidadas, que agora se empezan a preocupar por elas, con moito perigo e vandalismo na rúa. Onte estivemos nun parque no centro da cidade incrible, moi ben coidado e digno dunha cidade europea, mais onde viven Marta e o resto, as rúas son grises, hai moito tráfico, cheiran mal, están moi pouco coidadas e algunhas nen asfaltadas... en fin, é un país de contrastes.
Estes días de relax fixéronme moito ben, e agora empezo realmente a desfrutar da minha estancia en Lisboa. Ademais a posible visita de Aida este fin de semana levántalle o ánimo a un mortooo!! jajaj
Hoxe tamén estuven planificando as vacacións deste curso, e dinme de conta que no segundo cadrimestre non vou estar máis de 3semanas seguidas en lisboa, pois sempre tenho algunha semana na que non hai clase polo medio... en fin, que o sufrimento inicial vai compensar con creces ;)
Bueno, non vos raio mais, agradézovos unha vez máis a vosa lectura e deséxovos o mellor!
1bicazo e unha aperta enorme a todos!

viernes, 1 de octubre de 2010

E viva a ESEL!

Onte fumos a unha macrofesta ao parque das naçoes, onde se fixera a Expo, chamábase Mega Festa (nome orixinal onde os haxa xD), e era onde os veteranos lle facían novatadas aos novos, que en realidade levan xa un mes facéndollas, polo que me contaron... Había de todo: rapaces e rapazas que repartían abrazos gratis (eu fun onda unha, aproveitando a situación xD), xente liándoa muitisimo no metro, e o que mais nos chamou a atención: os novatos que cantaban "e viva a ESEL"... Estes individuos lonxe de cansarse de cantar a mesma canción todo o rato, repetíana e repetíana coa mesma ansia, e si a cantaron 50 veces seguidas non esaxero nadinha. A canción era dunha complexidade que nin Stephen Hawking sería capaz de elaborala, dicía así: "E viva a ESEL, e viva a ESEL, e viva a Escola Superior de Educaçao de Lisboa, e viva a ESEL..." e así todo o rato... pasámonos toda a noite cantándoa, que se nos pegou! jajaj
De todas formas, non mo pasei especialmente ben... non sei, sair por aquí non me entusiasma como por Vigo, Ponte ou Santiago... en fin, sei que son ralladuras de cabeza, pero doulle voltas e pregúntome si realmente vale a pena... e despois volver para Algés as 5 da manhá é realmente duro...
Hoxe volvín faltar á clase de Organizaçao do Desporte... O tipo non me avisa de nada, eu pensei que había ioga e chego o ximnasio, que queda a tomar polo cu (mais de media hora andando, que non hai buses), e dinme que non existe tal clase, que os alumnos da FMH podemos usar o gim cando queiramos pero de 13 a 15h... e eran as 11... apenas durmira un par de horas... en fin, unha merda...
Domingo hai planeada unha visita a Sintra, algo que me apetece e moito, pois dixéronme que está genial.
Bueno, non me demoro máis, grazas unha vez máis por prestarme uns minutinhos ó día en ler isto, pois dame ánimos para seguir tirando ;) Quérovos xente!

PD: Aidinha, non te preocupes, xa verás como todo se arregla mui pronto. Cando poidas, xa sabes, Skype e falamos, e o 28 tesme ahí, asegúrocho!

martes, 28 de septiembre de 2010

Isto é un non parar...

Dende que cheguei a Lisboa, non fixeron mais q invitarme a festas e máis festas... Con dicir que a golpe de luns saimos para celebrar o cumple de Martita ata as 3 da manha e había xente!! Hoxe, martes, hai outra, pero non se pode abusar e creo que volverei pa casinha pa Alges, que manhan hai clase ás 8... :S
Pero a xente parece que se toma 20 redbulls o dia, xq non se cansa de sair!
No novo piso estou eu solinho pois os meus companheiros non chegan ata o dia 1 (so sei que un ten un gato xD) e non sei nin como son nin de onde serán...en fin esperemos que sexan boa xente, con iso conformome ;)
x certo os horarios aquí son unha bazofia!! hoxe tenho 2h de clase e onte tuven 9! e o xoves tenho hora e media, outra hora e media libre, outra hora e media de clase, dúas horas libres e unha hora de clase :SS
pero weno, o importante é que xa estou asentado nun piso mui majo e estou feliz! (ata fixen a minha primeira compra jajaja)
weno xente, espero que o estedes pasando xenial e que me sigades avisando de todo x tuenti ok? ainda q esté todos os dias de resaca, eu prometo contestarvos! ajaj
1bicazo e 1aperta enorme para todos! Queresevos!

domingo, 26 de septiembre de 2010

Comeza unha nova etapa

Onte fun ver varios pisos a Algés, a 7-8km de Lisboa, e un encantoume, so que me dixo o tipo que só podería quedar nel si unha tipa non vinha... Mais ensinoume outro xusto enriba e dixen: Esta é a minha, tenho que quedar aqui. Hoxe múdome para alí! O prezo é un pouco caro, 250€ mais 7 de Internet e a parte o gas. Pero está a 10min da minha facultade en bus, asi que, a estas alturas, non podo facerlle ascos. Ademais ten muita luz e viven estudantes da minha facultade cos que podo volver despois de sair por Lisboa ;)
Mais agora xa tinha a minha pandilla por Lisboa e agora terei que empezar de novo con estes novos companheiros; ainda que non creo que haxa problema.
Iso si, non deixo de botar de menos Vigo, e todo o que ilo conleva... Aidinha, Roi, Gugu, Lau R., Chete... en fin, espero esa visita pronto eee? que agora xa non hai escusas! podedes quedar no meu piso sen problema (si traedes esterilla, xq non ten salon... xD)
Grazas a todos por ler isto e decirmo por tuenti. Pouco a pouco, facédesme sentir querido e iso no estranxeiro sempre se agradece.
1aperta enorme e un bicazo a todos! Querovos!

viernes, 24 de septiembre de 2010

Primeiros dias

Bós días, mundo!
levo en Lisboa case unha semana e aínda non lle pillei o gusto... os primeiros días foron horribles, comezo das clases, sen ninguén en quen apoiarse, persoas moi queridas, moi lonxe, os únicos que me facían sorrir cada día eran unha parella de chilenos gays, pero agora marcharon... Detalle non comentado: unha semana en lisboa e ainda non tenho piso onde vivir. De momento estou nun hostal no que fago amigos constantemente e que está enriba de 4 pisos ERASMUS que era onde iba vivir, mais non puiden reservar e esgotáronse as prazas... Fun ver dous pisos de momento e un no quinto carallo e outro non me apareceu o tipo para ensinarmo :S
Onte tivemos a nosa primeira festa ERASMUS e a verdade non estivo nada mal. Conhecin moita xente, o bar estaba petado... pero hoxe hai clase e hai que buscar piso...
Outro detalle sen importancia: o piso ten que ser cerca dunha estacion de metro verde, pois cada manhan as 7 da manhan tenho q collelo para despois coller un tren que me leve á facultade...
As clases son moi, moi esixentes e obrígannos a meternos nun ximnasio e manternos en forma durante alomenos 3 dias a semana...
O único que me levanta o ánimo é que en breves sei que poderei topar piso e os meus amigos visitaranme moi pronto. Ademais falar por Skype cos seres queridos sempre che sube a moral!
Bueno por hoxe vou deixándoo, en canto tenha novas novas, ireinas publicando aquí :)

Grazas por estar ai xente!